POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

28 de xuño de 2011

1ª XORNADA DE CONVIVENCIA DE FAMILIAS


Sábado de maña.
Para algúns almorzo en familia, non o de todos os dias ás presas e de calquera xeito.
Un bo dia para continuar na teima de facer dun colexio algo máis que un centro de ensino.
Despois dun par de meses de preparación, partindo dunha idea simple, tras moitas conversas e intercambio de correos, logo dunhas cantas reunións por aquí e por ala, de descubrir que máis e diversas persoas compartían a idea, mentres colocabamos as cadeiras, movíanse mesas, parolabamos, preparabanse carpetas, comprobabamos datos, cos nervos de última hora aínda na boca do estomago (virán, non virán, virán, non virán…) chegou a hora de comezar.

A 1ª Xornada de Convivencia de Familias arrincou de vez.

25 familias, tomaron parte activa na idea de compartir, coñecer e debullar información sobre a sala de máquinas e sobre o traballo dos especialistas no colexio. Adultos escoitando, preguntando e intercambiando pensamentos, puntos de vista, sensacións e impresións. Nais e pais ensarillándose no concepto de Comunidade de Aprendizaxe, aceptando o reto de mirarse no espello e redescubrirse para ser quen de ofrecer alternativas propias aos constantes requerimentos de saber da infancia que nos levou ali.
 
Persoas maiores que nos miráramos un pouquiño máis ou menos algunha vez, xuntos no reparto de auga, pan, pasta, filetes e patacas fritidas, no mesmo espazo onde as persoas menores o estiveron facendo a cotio estes últimos meses (anos?).


Fotogramas para sorrir: 

  • Un pai cunha pequena de dous meses no colo, escoitando unha das charlas. Futuro pluscuamperfecto.
  • Houbo quen se atreveu a deixar un libro para un dos antes descoñecidos. E quen levou algún, xa coñeceu. Emocións abertas.
  • Tertulias pequenas mentres o café quentiño renovaba os folgos, que aos pequenos parecíanlles sobrar. Coñecemento mútuo.
  • O Alcalde sentado nos chanzos das escaleiras charlando co seu Concelleiro de urbanismo mentres agardaba pacientemente a que rematase unha charla, simplemente para poder saudarnos. Esperanza no sentidiño.
  • Nenos e non tan nenos, nenas e non tan nenas, na percura dos xelados que ían quedando, que terán os doces fresquiños?. Relaxación e naturalidade.
  • E a pregunta que quedou no aire despois de seguir escoitando ao Mestre da escola apetecida, coa que todos quedamos comprometidos. Carencias e necesidades.






 




Agora, buscar respostas. Continuar o traballo. Propoñer novos retos.

Gracias é pouco para os que puxeron todo para que esta experiencia saira adiante:
Rosa, Javier, Jose Luis, Marga, Tere, Gloria, Montse, Eva e todo o seu equipo de monitoras.

Unha aperta a todos os que estivechedes con nós nesta 1ª Edición. Continuará….

XD

2 comentarios:

  1. Me gusta mucho como quedaron las fotos

    ResponderEliminar
  2. Me gusta ver padres implicados en la educacion de sus hijos de una forma más efectiva que el parque.
    Gracias al equipo de monitoras Isa, Raquel y Ana.
    Y gracias a todos los padres por confiar en todo el equipo de monitorado.

    Eva

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan