POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de maio de 2011

INTERNET


Mapa Internet

Internet, a rede de redes. Algo que naceu cun plantexamento de conexión necesaria entre ordenadores vinculados á investigación, converteuse co tempo nunha ferramenta de usos múltiples, pero que fundamentalmente ofrece a posibilidade de globalizar a información de todo tipo.

E porque será que cando un poder establecido se ve acurralado, ou simplemente posto en entredito, o primeiro que fai é tentar capar o acceso á rede. Temos exemplos recentes en Arabia Saudi, Irán, China e os USA, cada un ao seu xeito.

O noso querido conglomerado País/Estado que tanto nos costou –histórica e vitalmente- construir e manter en pe, non podía ser menos, como boa sociedade occidental, e apuntouse asiña a esta nova tendencia. Á de usar internet digo. Como dis?, á outra tamén?.

Pois vos diredes. Individual e colectivamente se vos peta. Hai un tempo sairon á luz unhas recomendacións sobre o uso da rede polos infantes (todos, tamén os Reais).
E, oh marabilla de marabillas, xa temos a contraproposta. E non pode ser máis mimética. No enlace a continuación podedes descargar as dúas (a "oficial" onde pon suscritos).


Lea, compare e se atopa algo mellor, díganolo.

Saúdos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan