POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

CINE

Dinlle o séptimo arte. Para os que non temos nen sentido nen ollo para o artístico, por non decir nen mañas, a arte non deixa de solprendernos, para ben ou para mal.
E finalmente quedamos co que nos gusta ou nos disgusta, sen entrar en máis disquisicións psicosociolóxicas.
O que escribe, por exemplificar, bon, mellor por poñer un exemplo, gusta da Ciencia Ficción.
2001, Odisea del Espacio (de KUBRICK, que si, hai que escribilo con maísculas), Alien o Octavo Pasaxeiro (ca irrepetible Sigourney), ou mesmo a dobre triloxía da Guerra das Galaxias, deste pobre home, como se chama, si home, Spielberg.
Pero claro, préstame moito o invento que din de Lumiere e mirei de KUBRICK, A Laranxa Mecánica, que igual ten máis que ver coa educación (coa mala seguro), Gorilas na néboa con Sigourney, que agora seica volve estar de moda pola personaxe que interpreta, a naturalista Dian Fossey, e A lista de Schilder, a cinta que tivo que rodar Spielberg para que (por fin) lle deran o Oscar, aínda que igual non o fixo por iso, digo eu....
E que decir dos inicios, O Acoirazado Potemkin, Metrópolis, A Quimera do Ouro, A Dilixencia, Lo que el viento se llevo,...
Dirás ti, e o cine español, ou alomenos non holivudense. E digo eu: Sempre Xonxa, De Profundis, Volver a Empezar, Mujeres al Borde, Marcelino Pan y Vino, Celda 211, Tasio, Pa Negro,... Vale si (que cobadazo, leñe) Torrente tamén, que como diciamos ao inicio gustar hai moita xente á que lle gusta.
E cando unha película che fai rir, ou te emociona, xa é difícil quitala da lista de exitos. Lista persoal e intransferible.
Aquí imos ir traendo filmes que nos gusten, aos que estamos das dúas bandas do blog, e aos que están a carón tamén.
Sempre con nome e apelidos, porque as escollas, en todos os eidos, tamén definen ás persoas, aínda que seña nunha pequeniña porcentaxe.
O que queira que se apunte. E logo xa iremos falando de categorías: cine social, educativo, político, romántico, galego, gastronómico, etc.

E como o prometido e  debido, imos dar exemplo.

Hai vai a proposta do Secretario.

Unha que vin fai pouco en video: Flipped. Que eu saiba, non pasou nen polas salas de cine na España. Directamente ao DVD/BR. E logo na nube.

Para emocionarse, cunha narrativa curiosa, sempre con dous enfoques para cada situación, narra a aprendizaxe afectiva de dúas persoas dende á súa infancia ata o remate da adolescencia.

Mesmo podería ser nalgún dos nosos pobos ou vilas (igual non na nosa, vos diredes), pero desenvólvese nunha poboación do interior dos Usa uns aniños atrás no tempo.

Coido que ten un bon tratamento visual, resulta fácil de ver e deixate no remate un pouso de felicidade, cousa que non ben mal nestes tempiños.

E unha que non vin, que está nos cinemas: Bebés. Aínda que seña só polo curro e a pacencia coido xa merecería a pena vela.

Thomas Balmés, director francés, rodou este documental en 4 localizacións diferentes, Namibia, Xapón, Estados Unidos e Mongolia, seguindo a 4 bebés dende o seu nacemento ata que comezan a camiñar, intentando refrexar como era o seu inicio na vida en relación co seu entorno.

So vin algunhas fotos e fotogramas, pero xa me serviu para preguntarme, que estamos a facer cos nosos vástagos en Occidente? Xa desde que teñen meses. Lembreime daquela noticia dunha enfermidade rara que tiñan uns poucos nenos en Nova York, porque nunca andiveran descalzos!. Igual non tiñan onde… E todos pensamos algunha vez que agora hai moitas máis afeccións autoinmunes na infancia das que había antes.

Pero sobre todo dende o punto de vista da aprendizaxe xa dende os seus inicios. Hiperprotección vs Natureza. Busquemos o equilibrio. Sigamos aprendendo.

Asi que, se ides ou fúchedes vela, contádenos…


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan