POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

A triloxía dos Arranxos: Parte III

APRENDEMOS?


“A tese central do informe é que a educación do futuro non deberá circunscribirse a sectores sociais privilexiados, nin limitarse a determinados grupos de idade, nin ser confiada ás institucións pedagóxicas tradicionais, nin ser impartida de forma segmentada e especializada: se realmente se desexa que os homes se enraícen na revolución científico-técnica e gobernen en común o seu destino é preciso organizar a formación permanente e global mediante a transformación de toda a sociedade nunha cidade educativa que permita o pleno florecemento das facultades de cada individuo e saiba extraer das masas o seu potencial creador.”

Traducción libre, extracto da contraportada de Aprender a Ser. Unesco 1972.
Alianza Editorial.1973. 1SBN: 84-206-2033-5

Pouco temos avanzado en case 40 anos. A dictadura do consumo e a unificación neoliberal, dirán algúns.

Todos temos moitas cousas das que atender. Buscármonos a vida principalmente. Satisfacer as nosas necesidades básicas e non tan básicas. Porque non todo é padecer neste antes val de bagoas.

E seguen sen por na universidade a carreira de Nai/Pai. Que pensarán que é tan doado.

Cada dia, enfrentámonos como nais e pais a novos retos que nos plantexan os nosos vástagos. Cada dia damos unha resposta educativa, simplemente facendo algo, teña que ver ou non directamente con eles. Porque a educación é basicamente un feito mimético e colectivo, onde non imos negar que podemos ter máis influencia simplemente por proximidade e porcentaxe de tempo, pero no que non podemos competir con todo o demáis que entra nás súas cabeciñas e se pousa nos seus corazóns (por ser metáforico máis que nada e eludir calquera implicación transcendente).

E digo ben, non podemos competir. Temos que compartir. Entender que todos educamos a todos, en calquera momento no espazo e no tempo. A nenos e adultos.
Cruzando polo paso de cebra, fumando, facendo exercicio, berrando con alguen, saltando a cola do super, comprando o pastel de lichis, ou o colector de vapores iónicos imantados, lendo a Kafka, a Mario V. LL, a Cunqueiro, a Fromm, mirando ao Depor, ao Madrid ou ao Barsa, paseando cos nenos, cos avos, escoitando aos descoñecidos, tirando o aceite polo wc, a pava pola fiestra do coche, a botella de cervexa na praia, mordendo as unllas, pintándoas ou poñendoas de plástico, disfrazándote de pirata, de galleguiño, de gran marica, de nada, tuneando, rapeando, esnifando, bailando, escribindo, .....

(marque cunha X os incorrectos…)(e siga escribindo se lle apetece)

E sobre todo con moito, moito, moito sentido do humor. Fundamentalmente para saber reirnos de nos mesmos. Senon vamos mal. Seguiremos reproducindo esquemas de violencia, odio, insolidariedade, falta de participación, discriminación,…. E seguiremos deixando que outros, en algún lugar, decidan que é mellor para nos.

Próxima parada: Educación en Valores. Non en fotogramas de papel cuche.

Xainin

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan