POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

A triloxía dos Arranxos: Parte I

DEBERES


Meus pais. Tan todo o dia facendo cousas. Mama no choio e papa na casa, cando non ao revés. E non fai máis que preocuparse por min e Luci, miña irmanciña. Resulta que descubriron outro dia, que tiñamos unhas manchas de puntiños nunha parede do pasillo e noutra da nosa habitación, xa sabes a que da para ese lado. Dicía miña mama quera valor. Eu non entendín moi ben, pero seica papa tiña que facerlle algo, e xa¡. E como andaba moi liado, coma sempre, colleu mama, puxo os guantes mandounos para a sala a ver os jardinains na tele, e ala se puso a darlle con eso da botella amarela que cheira tanto, ata que o quitou todo.

Logo dicía que algo debía ter que ver cas goteiras do faiado, que un ano si e outro tamén acaban pingando en algures. Mama contoume que cando eu era pequeno, de teta aínda, taban unha noite durmindo e de repente a lámpara do teito empezou a chover. Que sí¡, que botaba auga enriba da cama. E menos mal que o meu berce o tiñan a veira máis cara a parede. Xa ves, o que non nos pase a nós…

A semana anterior, como non dábamos saido correndo da cociña cando prendeu o lume na tixola, foi meu papa pola tarde quitou a porta que abria para min, digo para min cando estaba dentro, e puxo unha desas que só tes que empuxala.
Como botaba lume a tixola, mima¡. Daba unha boa calefacción. Aínda me lembro cando non tiñamos. Bon, si tiñamos, pero non ia, non sei que lle pasaba. Papa decía, e perdón, pero decía, merda de válvulas¡, non sei porque c. (esta non me deixan decila) non as cambia xa o caseiro.

Porque non sabes, eu non teño casa, e dun señor que vive noutra, e papa e mama lle dan cartos para que nos vivamos nela. Dis que é de prestado, como lle chaman, alugueiro ou alugo así. O caso é que levamos vivindo aquí de antes que eu nacera, xa nin me lembro.

E menos mal, que as cambiou, porque anda que non pasabamos frío antes no inverno. Iso si, mira que lle deu a vara papa. Bon, só entrababamos en calor cando viñamos da rúa ou do cole subindo as escaleiras ata o cuarto andar. E logo, si señor, andando, máis ben brincando, cando tiñamos folgos. Como non hai ascensor... Que por certo, non sei como o aturan os señores maiores do terceiro. Non me extrana que case non saian. Nós, no inverno, ás veces non saimos da cociña. Ata eu facía ali os deberes. Bon, tampouco é que foran tantos, pero miña mama non me deixaba ir xogar se non os facía antes. Díceme: Monchiño, sabes por que se chaman deberes?.

Eu non o entendía moi ben ata que onte, fun con papa e mama ao cole. Non era na hora das clases, e entramos o edificio do medio, onde me levaron cando lle zosquei a Camiliño. E total só foron escribir nuns papeis que tiñan ali. E logo fixeron un debuxo raro, iso do nome e as raias. E había moitos máis, dis que doutros papas.

Eu pregunteille a mama e papa que por que fixeran iso. E foi papa e me soltou: son os nosos deberes. Se coidamos de vos na casa, como non imos coidar de vos fora da casa?.
E se quedou tan ancho.

Ti o entendes?

Xainin

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan