POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

A triloxía dos Arranxos: Parte II

 DEBUXIÑOS

Mil quinientos quince nais e/ou pais hai no censo electoral do colexio.
En números 1.515.

Máis grande: 1.515

Unha proposta para apoiar arranxos nas aulas onde están os nosos nenos e nenas, que inclúe cousas como quitar as filtracións de auga, colocar portas de seguridade, eliminar barreiras arquitectónicas, mellorar a seguridade e os accesos, os espazos de lecer e as instalacións para as actividades físicas, mellorar e facer máis efectivo o sistema de calefacción,…..

Comunicado via web e circular en papel. A todos todos.

Dúas semanas de exposición, en tres ubicacións distintas.

E sabes Monchiño, cantos pais/nais foron facer os debuxiños:

95.

Máis baixiño. Noventa e cinco..

Non se me dan ben as mátemáticas pero son un  6,2706 periódico puro coido….

O que Monchiño?. Vergoña? Non hom, porque habíamos de tela.

Cada un que arranxe o seu, e xa haberá quen nos arranxe o de todos.

Non si?.

Que sorte tendes Monchiño. Contallo á túa irma cando medre.
E dalle unha aperta da nosa parte a teus pais.
Sentímonos un Grupo Abeliano con eles.

Eu particularmente, a Asemblea que votou apoiar a petición, a XD que a propuxo, e os 95 nais/pais que fixeron os debuxiños.

  • Exercicio de repaso:Buscade as interseccións de conxuntos.

Xainin

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan