POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de xuño de 2011

INSCRIPCIÓN PARA SERVIZOS XESTIONADOS POLA ANPA. CURSO 2011/12

Abrimos o proceso para a inscripción nos servizos de:
madrugadores, almorzo, xantar, merenda e ludoteca.

Procedemento:
Ingresar a cota de socio (unha por familia), o importe do seguro (por neno/a) e a fianza (acordo da Asemblea do 17/06/2010) tamén por neno/a. A primeira na conta da Anpa, e o seguro e a fianza na conta do comedor.
No documento de ingreso da cota de socio farase constar o concepto socio/a e a indicación do nome e apelidos dun dos pais ou titores. No documento de ingreso do seguro e a fianza, farase constar o concepto SG+FZ, e o nome(s) e apelido(s) do/a(s) neno(s)/a(s) que fará(n) uso do servizo.
Importes:
Cota de socio (familiar): 15 euros
Seguro (por cada neno/a): 10 euros
Fianza (por cada neno/a): 100 euros
Onde: 
Banco Etcheverría, Sucursal 0025
Rúa Amenedo Casavella 2. (Onde o kiosco da Once)
Prazo: 
A partir do 27 de xuño de 2011 ata o 2 de setembro, a.i.
Este procedemento é válido tanto para as novas altas de socios como para os que xa foron socios anteriormente. Lembramos que a cota de socio é anual, polo período do curso escolar. O seguro tamén ten unha cobertura anual, que é preciso renovar. No caso da fianza, todos os que xa á depositaron no curso anterior, non teñen que volver ingresala, salvo que lles fora devolta pola súa solicitude expresa, ou que fora empregada coa finalidade de responder de débedas no servizo.
En ningún caso se aceptarán inscripcións de quen teña importes pendentes de liquidación polos servizos prestados anteriormente. A directiva exercerá neste sentido un control estricto e dará en cada caso as indicacións pertinentes para a subsanación das débedas.
A partir do mesmo dia 27 de xuño, poñeremos tamén a disposición dos solicitantes a documentación precisa para cumplimentar no que atinxe aos datos individuais, aos servizos a empregar e ás autorizacións pertinentes, dende o blog da asociación.
A entrega da documentación, pódese facer mesmo por correo electrónico unha vez cumplimentada, ou envíandoa ao apartado de correo. Para o primeiro caso, e coa finalidade de recoller as sinaturas precisas nos documentos, aplicarase a seguinte indicación.
De non telo feito antes, dende o dia 5 de setembro, luns e ata o dia 9 venres, en horarios que se publicitarán oportunamente, os solicitantes deberán achegar ao local da Anpa a documentación de domiciliación, as fichas de inscripción e os impresos de autorización. No caso de novas incorporacións, deberán tamén aportar un documento onde se acredite que non teñen débedas contraídas con outras asociacións ou entidades coas que tiveran relación anteriormente (outras anpas, garderías,...). A cumplimentación da documentación de inscripción e a aportación do documento de non ter débedas anteriores, é condición imprescindible para a admisión.
Tamén recomendamos que o primeiro dia de uso do servizo o neno/a leve da súa casa un papel asinado onde se indique que serán usuarios del, para entregalo ao seu mestre ou mestra.
Como orientación, lembramos os horarios e os importes dos servizos no curso 2010/11:
HORARIOS: Almorzo de 7:00 a 8:30 h. Gardería de 7:00 a 9:00 h. Xantar de 14:30 a 16:00 h. Ludoteca de 16:00 a 18:00 h. Merenda de 18:00 a 19:30 h.
TARIFAS 2010/11: 
  • Almorzo 2ʼ25 €/dia,  41 €/Mes.
  • Servizo de gardería 1ʼ20 €/dia, 21 €/Mes. (Sen Almorzo)
  • Xantar 4ʼ35 €/dia, 78 €/Mes.
  • Ludoteca 0ʼ70 €/hora/dia.
  • Merenda 1ʼ50 €/dia,  25 €/Mes.

OUTRAS NOTAS DE INTERESE:

Os almorzos rematan as 8:30 h, despois considérase servizo de gardería.
Os nenos/as de Educación Infantil, e 1º e 2º de Primaria, do servizo matinal, almorzo e gardería, son levados ás súas correspondentes filas polas/os monitoras/es do comedor.
Despois do xantar os nenos/as teñen un momento de lecer.
As 18:00 terán o servizo de merenda onde poden permanecer ata as 19:30h.
A comida prepárase na propia cociña do centro. Calquera nai, pai ou titor/a, coa única premisa de comunicalo con antelación dabondo, poden comer no servizo, aboando o importe do xantar.
Para os nenos/as que veñen da gardería, durante o período de adaptación, contamos tamén cun servizo de atención para a recollida nas instalacións do comedor, onde serán atendidos/as polas monitoras/es, ben ata que sexan recollidos/as ou ben ata a hora do inicio do servizo de xantar. Consultar condicións.
Indicación para actuais usuarios que non continuen no próximo curso:
En aplicación da lei 16/2009, de 13 de novembro, de servizos de pago, publicada no BOE de 14 de novembro de 2009, sábado, a fianza será devolta ao número de conta onde tiñades domiciliados os recibos transcurridas 8 semanas dende o apunte en conta do último recibo emitido polo servizo. Previa solicitude de devolución por escrito (papel ou correo-e) dirixida á Xunta Directiva.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan