POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de xuño de 2011

TiTORIAL PARA FACER COMENTARIOS

Como deixar comentarios no blog: este tutorial pretende ser unha explicación simple de como deixar comentarios para os que non estén introducidos neste canle de comunicación. E de paso animar unha vez máis á participación.

Na parte inferior de cada entrada ou páxina pódense ver varias cousas

Este é un exemplo do cartel de agradecemento aos participante na Asemblea do 2 de xuño. Para facer un comentario tes que pinchar xustamente onde pon 0 comentarios. Entón aparecerá a seguinte pantalla


Aparte da perorata sobre a participación, que por certo tamén se presta a opinar, para facer un comentario debes escribir algo no cadro en branco e a continuación seleccionar un perfil.


Se podes escoller algunha das seis primeiras opcións de perfil, case seguro que estás lendo isto para ver onde metemos a pata. Se non podes ou non queres, podes pinchar en Nombre/URL ou en Anómino.
No segundo caso despois da verificación de palabra para que o sistema saiba que non és unha máquina, xa se cargaría o teu comentario á espera da moderación. Pero, todo ten un pero, dixo alguén un dia, a non ser que digas no comentario quen eres, ninguén saberá quen escribe.
Por eso a recomendación é usar o outro, seguindo esa premisa da que falamos varias veces nas entradas, falar con nome e apelidos (aquí chega o nome). Podes poñer o nome ou a URL se a tes ou ambas.


Unha vez posto o nome ou a URL pincha en continuar e verás algo asi


Esta é a verificación de palabra que comentabamos antes. Esto se fai para evitar introducción de datos de forma autómatica por sistemas especializados.  Cada vez aparece unha palabra diferente, que non necesariamente ten que ter sentido algún (as máis das veces non siñifican nada). Agora xa podes premer en publicar un comentario. E aparecerá esta outra venta


Neste momento, ves que o cadro de texto está en branco. O comentario que fixeches chegará ao correo da asociación para ser sometido a moderación. No blog atoparás os criterios cos que se fai isto, básicamente cun criterio de estilo e de adecuación, sen pretender en ningún caso limitar a libertade de expresión.

Netiqueta

Unha vez feita a moderación aparecerá o comentario no pe da entrada ou páxina. Neste caso eliminamos o texto de proba, e non aparece en ningún sitio.

Agardamos ter explicado con claridade os pasos necesarios para poder dar a túa opinión.
A que estás agardando entón para comprobalo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan