POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

16 de xuño de 2011

Proposta de book crossing pechado para o 18XÑ.


Como que non sabes o que é?. Está moi claro book (buk) quere dicir libro (libro), crossing (crousin) quere dicir cruce (cruce). Pois cruce de libros. (Non sei que será pior).

E que manía teñen os anglosaxóns de escribir dun xeito e falar doutro.

Pois é unha cousa que inventamos dende a XD da Anpa Ponte dos Brozos©, que non paramos de inventar. E pensamos que pode ter futuro nas redes sociais. A idea é que a xente comparta os libros que ten apoeirando nas baldas do armario da sala. Así non tes nin que comprar na librería nin ir á biblioteca. Gratis total. Pero con volta claro, como os cascos de antes.

Ata aquí está claro, non si?. (manipulación de información incluída….)

Agora imos falar en serio, dentro do que cabe. Fai uns anos a alguén se lle ocurriu que os libros teñen vida propia, e que era debido deixalos vivir. Estaba claro que o seu entorno natural non era esa balda onde ocupar un espazo fundamentalmente decorativo (zoo), senón nas mans da xente, expostos a seren devorados por uns ollos ávidos de ler datos para alimentar unha mente necesitada de coñecer, divertirse, chorar, entender, aprender, fantasear, descubrir…

E de esa idea, xurdiu a iniciativa das 3Rs, non esa non, esta: Read, Register, Release. Ler, Rexistrar, Ceibar. Ler un libro, se che presta rexistralo cun código que che permita seguir a súa viaxe, etiquetalo con ese código, e ceibalo nun banco dun parque, nunha cafetería, nun supermercado,… para que alguen poida disfrutalo tamén. E logo poder seguirlle a pista.

Se queredes saber máis, como non!, hai unha páxina web, en castelán


Pero imos ao turrón. Para a Xornada de Convivencia do 18 de xuño, modestamente propoñemos, que cada un de nos traiga un libro; o primeiro que collas non vale, ten que ser un dos que che dixo algo especial, algún dos que significa ou significou algo importante na túa vida, que lle poñas unha notiña ou escribas unhas verbas sobre ese algo, e que o deixes ali, enriba dunha mesa que poñeremos ao efecto. E cando chegue a hora do café, alo polas 12 da maña, iremos á mesa a pillar o que nos preste dos que trouxeron os outros participantes.
E se alguén quere, ousa ou simplemente lle apetece, que nos venda o seu de palabra.

Apúntaste? Xa sabes o que din, non es ti o que escolle un libro, e o libro quen te escolle a ti. Se miras na estantería, seguro que te atopas a ti mesmo.

Como din na web: Sabes esa sensación que tes despois de ler un libro que che fala, que toca a túa vida, unha sensación de que queres compartilo con todo o mundo?

Vémonos o 18.
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan