POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

10 de dec. de 2011

PREGUNTAS Á CONSELLERÍA

Como saberedes o sábado 15 de outubro de 2011, organizada pola Confapa, se desenvolveu unha charla informativa na Fundación Barrie, á que asistiu o Conselleiro de Educación e o seu equipo, e na que estivemos presentes representantes de Anpas de toda Galicia.

charla_15_outubro

noticia_web_conselleria

Despois de que o Conselleiro nos falara, fundamentalmente dende un punto de vista económico e estatístico, das accións que a súa consellería está a aplicar neste inicio de curso, abriuse unha quenda de preguntas feitas polos representantes das Anpas.

Como finalmente houbo moitas preguntas que quedaron sen contestar por falta de tempo, propúxose recollelas por escrito e facerllas chegar á consellería para que puideran ofrecer cumprida resposta. Dende a nosa Asociación, reclamamos especificamente a resposta por escrito, incluso antes de chegar á situación final na que se adoptou esta medida colectiva.

As nosas preguntas, foron remitidas xunto coas de outras Anpas á Confederación, para que procedera a cursalas, cousa que fixo esta semana última.

E finalmente, tal e como lle comentamos previamente a Confapa,  imos darlles publicidade (da boa, claro) a través do blog.

Vendo e escoitando o interés demostrado polo Conselleiro e o seu equipo en ofrecer todo tipo de explicacións relativas á súa actividade, agardamos ter unha pronta e concreta resposta a todas elas.

XD

PreguntasConsellería

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan