POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de dec. de 2011

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO NADAL

Esta é a proposta de actividades lúdicas que elaboramos para as nenas e os nenos vinculados á Anpa como usuarios dos servizos ou como membros de familias socias.

Contamos coa vosa complicidade para contribuir ao bon desenvolvemento de todo. E igual ata recuperamos un pouco desa ilusión que eles desbordan nestes dias, e que agora tanta falta nos fai a todos.


PROGRAMA NADAL

1.- Certame Postais Do Nadal no que poderán participar todos os nenos socios de Anpa PdB. Normativa do certame a disposición no blog. Entre todas as presentadas, escollerase unha para ser empregada como felicitación do Nadal da Anpa.

2.- Amigo Invisible. O dia 9 de decembro repartirase entre todos os usuarios de calquera servizo do comedor unha papeleta co nome doutro neno/a. Este será o seu amigo invisible, como grande amigo, sen descubrir quen é, deberá axudar, escoitar, coidar... ao seu amigo e mesmo lle poderá deixar cartas de aprecio no buzón especial que se colocará no comedor. Ademais disto deberá facerlle un agasallo de Nadal (non pode ser comprado, debe estar elaborado na casa) que se colocarán o dia 21 debaixo da árbore e repartiranse/abriranse á volta das vacacións.


3 e 4.- Teatro ludotecas As dúas ludotecas preparan durante o mes de decembro unha breve obra de Nadal que se escenificara aos pais o dia 21 a partir das 16:30 ( o lugar esta por determinar, pero será ou no pavillón PdB ou no comedor)



5.- Coros (panxoliñas) O dia 9 na hora do recreo, os nenos de primaria, usuarios de calquera servizo do comedor poderán presentar os seus coros á encargada do comedor. Deben ter un nome para o coro e ter elixida unha panxoliña. Esta pode ser inventada e de calquera estilo, o coro poderá utilizar instrumentos musicais e levar musica para reproducir ou cantar a capela. Aínda que deberán ensaiar pola súa conta, a semana do 12 ao 16 á hora do recreo, a encargada do comedor estará alí para axudarlles. O dia 21 despois das obras de teatro farán a súa representación para os pais.


6.- Papa Noel. Contactaremos con Papa Noel para que faga unha visita ao comedor entre as 15:30 e as 16:30, así os nenos que queiran asegurarse de que sabe que se portan ben, poderán falar con el, ou sacarse unha foto.


E a continuación a normativa do certame,



Bo Nadal,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan