POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

6 de maio de 2013

A LOMCE A DEBATE

Propoñémosvos que adiquedes un anaco a mirar a información que nos parece máis acaida e actual neste momento en relación ao debate aberto sobre este proxecto de lei. Sen dúbida hai cousas nefastas que teñen consecuencias positivas. Este podería ser o caso, porque fai moito tempo que non se fala tanto de educación neste pais.

Este é o enlace ao manifesto dunha plataforma, na que nos estamos teóricamente representados por ser membros da Federación Provincial, tal é como foi publicado na propia web federativa

ComunicadoPDEP

E aquí o da outra plataforma, na que de momento non temos representación máis que indirecta, tal é como foi publicado na Federación de Anpas da Costa da Morte

ComunicadoPGDEP

Consideracións puntuais aparte a coincidencia é o salientable para esta ocasión. O apoio á convocatoria.

Pero se decimos que hai unha boa lea nos faladoiros educativos como consecuencia desta iniciativa tomada polo ministerio, quizais este seña o exemplo máis representativo. Unha iniciativa denominada 

STOP LEI WERT

no que entre outras cousas se pode asinar unha petición individual ou colectiva para a retirada do proxecto. E ten uns videos moi ilustrativos tanto os que explican ou comentan a Lomce como os das clases de reforzo para Wert.

Aquí un dos coñecidos Gomaespuma: o da fábrica mete medo se te paras a pensar.

Pero claro, os que bosquexaron a idea dunha lei de calidade para o ensino, tamén din que non hai tal. Este é o enlace para un faq, suponse que xa temos que saber o que é, sacado da web do ministerio.

Pouco que ler/mirar? Pois entre tanta información que se atopa na rede, imos propoñer a desta web, lomceanalizada que hai que ler ao revés, de abaixo arriba, para entendela ben. Un exemplo dos comentarios

LOMCE
“Esta reforma del sistema educativo pretende ser gradualista y prudente, basada en el sentido común.”
COMENTARIO
No creo que sea serio afirmar que la justificación para una reforma del sistema educativo sea “el sentido común”. ¿Qué es “el sentido común”?¿El “sentido común” de quién?¿Cómo ha construido esa persona su “sentido común”?¿Es la educación una cuestión de “sentido común” o es una profesión seria, basada en la investigación y la práctica reflexiva? Si es cuestión de sentido común, ¿para qué queremos facultades de educación?¿Para enseñar sentido común? (Verás tú como alguien dice que sí y que mejor las quitamos :-)


Hai moito máis. Lembrade aquel home dos deterxentes. Busque, compare,....

De momento imos ver que decidimos na Asemblea de hoxe. Con sentido da responsabilidade común.
Continuará

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan