lembramos que é preciso inscribirse, ate este venres 6, para poder participar na Xornada de Familias do sábado 14 de xuño de 2014.
Lembramos, porque de momento non chegamos nin á metade das inscricións necesarias para poder considerar facela.
É preciso porque temos que saber para canta persona humana temos que facer de comer, canto persoal de atención precisaremos para as personas humanas menores, cantos grupos imos organizar, a cantas empresas imos invitar,....
Ten que ser ate o venres 6 porque o luns 9 a cociñeira ten que pedir o que precise, as empresas teñen que saber se terán que mobilizar ao persoal e o mago ten que ir mercar o coello.
Va que se poden decir cousas serias dun xeito festivo? Pois unha máis: lembramos que a Xornada de Familias non é máis que a nosa particular festa de fin de curso.
Vides de festa?
Saúdos,
XD (En funcións)
Xusto agora mismiño me iba a anotar.. estaba pendente de unhas invitacions que nos fixeron, pero non cadran o mismo dia, polo menos a mais importante que nos impedia ir polo menos medio dia.. ASi que contade con unha nai e unha nena mais.. - Amalia Caamaño
ResponderEliminar